ANPA Monte Caxado

Convocatoria de Asamblea Extraordinaria 2015

By anpamontecaxado | Outubro 19, 2015

Estimados socios. El próximo dia jueves 22/10/2015 se celebrara la asamblea extraordinaria en la biblioteca del centro, se ruega la máxima asistencia.
Se presentaran las cuentas anuales, las actividades programdas para el curso iniciado y se debatiran propuestas.
Contamos con todos vosotros
Primera convocatoria 18.30
Segunda convocatoria 18.45

Topics: Sen categorizar | Comentarios desactivados en Convocatoria de Asamblea Extraordinaria 2015

ASAMBLEA DE SOCIOS XUÑO 2013

By anpamontecaxado | Xuño 10, 2013

Lugar: Biblioteca do CPI Monte Caxado (Edificio de Secundaria)

Data: O vindeiro Xoves día 13 de Xuño

Hora: 18:00 en primeira convocatoria e 18:30 en segunda convocatoria.

 ORDEN DO DIA

Dada a importancia dos temas a tratar, rogamos a vosa asistencia.

Topics: Novas, Sen categorizar | Comentarios desactivados en ASAMBLEA DE SOCIOS XUÑO 2013

FOLGA 9 DE MAIO

By anpamontecaxado | Maio 6, 2013

O lúns, día 6 de maio, reunido o Consello Escolar Municipal de As Pontes no que estamos representadas todas as ANPAs, os centros educativos así como outras asociacións do concello, acordamos por unanimidade  secundar a folga xeral do xoves día 9 no ensino público. Esta folga foi convocada pola maioría dos sindicatos de profesores, sindicatos de alumnos e todas as agrupacións de pais e nais tanto de ámbito galego como estatal, co obxectivo de amosar o rexeitamento á LOMCE.

En todas as cidades de Galicia están convocadas concentracións e manifestacións para ese día. En As Pontes, acordamos facer unha concentración o día 9 as 18:00 horas diante do Concello.

Esta folga é a continuación a un proceso de mobilizacións encamiñado a paralizar este proxecto de lei destructora do ensino público. Queremos amosar o total rexeitamento a unha lei reaccionaria, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores  sociais máis desfavorecidos  da sociedade.

A vosa participación é necesaria, o futuro dos nosos fillos pasa por paralizar esta reforma.

Topics: Novas | Comentarios desactivados en FOLGA 9 DE MAIO

A LOMCE A ESTUDO

By anpamontecaxado | Maio 4, 2013

Ante a vindeira FOLGA XERAL NO ENSINO PUBLICO, adxuntamos un resumo feito pola CIG sobre a LOMCE. CIG INFORMA

Topics: Novas, Xeral | Comentarios desactivados en A LOMCE A ESTUDO

OS RECORTES, CONFIRMANSE

By anpamontecaxado | Marzo 24, 2013

A Xunta de Galiza, a través da consellaría de Educación, anuncia un novo recorte no ensino público. Despois de incrementar o copago nos comedores escolares, da eliminación de prazas de profesorado, da redución de orzamento para a consellaría de Educación, entre outras medidas restritivas, agora recorta hasta un 20% en algunhos centros de ensino de Secundaria os orzamentos destinados a gastos de funcionamento.

Os dous centros de As Pontes, Castro da Uz e Moncho Valarcel, sufren unha reducción do 10,29% (11.552€) e do 14,85% (10.480€) respectivamente.

Con esta medida, moitos centros terán serias dificultades para a súa xestión diaria, o que incidirá negativamente, aínda máis, no alumnado, dentro  da campaña que o PP está a realizar contra o ensino público. Ver todolos centros

Topics: Novas | Comentarios desactivados en OS RECORTES, CONFIRMANSE

GALEGOS EN MAUTHAUSEN

By anpamontecaxado | Febreiro 18, 2013

ABRENTE e a asociación MEMORIA HISTORICA DEMOCRATICA, organizan en colaboración do Concello de As Pontes a exposición fotográfica e a conferencia “GALEGOS EN MAUTHAUSEN” estes son os cartaces

Topics: Sen categorizar | Comentarios desactivados en GALEGOS EN MAUTHAUSEN

Charla sobre a LOMCE

By anpamontecaxado | Febreiro 6, 2013

O pasado día 2 de febrero celebrouse un Consello Escolar Municipal extraordinario no que se refrendou o apoio á folga de estudantes convocada para os días 5,6 e 7 de febreiro en rexeitamento a LOMCE.

O mesmo tempo o Consello organizá unha charla informativa o xoves 7 na Casa Dopeso ás 19:00 horas, sobre da LOMCE, a cargo de MARILÓ CANDEDO GUNTURIZ, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña; ademais de Presidenta da Nova Escola Galega.

Esta reforma pretende apuntalar o cambio social mediante un modelo educativo cada vez menos equitativo, que pon en xogo o dereito universal á educación, desbota a igualdade de oportunidades, e nega o dereito a ter un ensino público, galego, científico e laico, como garante da súa función primordial: a formación integral e crítica do alumnado e a eliminación das desigualdades sociais.

Por este motivo a xunta directiva da ANPA convidavos a participar nesta conferencia pola importancia que ten coñecer a fondo esta reforma da man de unha profesional do ensino.

¡¡¡¡¡ O futuro dos nosos fillos está en xogo !!!!!

A Xunta Directiva

Topics: Novas | Comentarios desactivados en Charla sobre a LOMCE

COMUNICADO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE AS PONTES

By anpamontecaxado | Febreiro 6, 2013

O Consello Escolar Municipal (CEM) do Concello de As Pontes manifesta o seu apoio á folga de estudantes convocada para os días 5,6 e 7 de febreiro.

Como concreción ao meritado apoio, o CEM organizará unha charla informativa o vindeiro xoves 7 na Casa Dopeso ás 19:00 horas, sobre da LOMCE aberta a todo o publico, a cargo de MARILÓ CANDEDO GUNTURIZ, asi como solicita a participación de todos os centros educativos (tanto de primaria como de secundaria) do concello na actividade denominada “Wertedoiro” (colocación de bolsas de lixo nas ventás dos centros educativos durante os días de folga) que se desenvolvera nos tres dias de folga, e nas concentracións da comunidade educativa, previstas nos centros educativos ponteses para o mércores 6 de febreiro ás 12:10 horas da mañá.
Dende o C.E.M e o Concello de As Pontes, anímase á participación nestas concentracións a tódolos ponteses que consideren que hai que plantarlle cara á LOMCE e ás políticas de recortes que buscan o deterioro do ensino público, e que están dirixidas á súa privatización.
Para o CEM, con esta contrarreforma preténdese apuntalar o cambio social mediante un modelo educativo cada vez menos equitativo, que pon en xogo o dereito universal á educación, desbota a igualdade de oportunidades, e nega o dereito a ter un ensino público, galego, científico e laico, como garante da súa función primordial: a formación integral e crítica do alumnado e a eliminación das desigualdades sociais.
As Pontes, 02 de febreiro de 2013

Topics: Novas | Comentarios desactivados en COMUNICADO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE AS PONTES

XII CONCURSO DE CARTAS E POEMAS DE AMOR

By anpamontecaxado | Xaneiro 18, 2013

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do C.P.I. Monte Caxado organiza o XII Concurso de Cartas e Poemas de amor entre todos os membros da nosa comunidade escolar, que se rexerá polas seguintes bases:  Read the rest of this entry »

Topics: Novas | Comentarios desactivados en XII CONCURSO DE CARTAS E POEMAS DE AMOR

A Plataforma en defensa do ensino público convoca concentracións contra a LOMCE

By anpamontecaxado | Xaneiro 16, 2013

Anunciaron a súa adhesión á folga convocada polos Comites Abertos e a Liga Estudantil galega para o 6 de febreiro. (Sermos Galiza)

A Plataforma galega en defensa do ensino público vén de facer un chamamento ao conxunto da comunidade educativa para que rexeite os plans do goberno galego que “reducen emprego e favorecen ao sector privado, en concreto á patronal da Igrexa” a través do Anteproxecto da Lei de Mellora de Calidade Educativa (LOMCE). En conferencia de imprensa Elvira Lombao, presidenta das ANPAs de Lugo, anunciou a convocatoria de concentracións nas sete cidades galegas para o vindeiro día 31 de xaneiro a partir das 19:30 h. e a realización de debates e conferencias en todas as comarcas da Galiza. Read the rest of this entry »

Topics: Novas, Sen categorizar | Comentarios desactivados en A Plataforma en defensa do ensino público convoca concentracións contra a LOMCE

« Older Entries
\